martes, 10 de marzo de 2020


24 DE FEBREIRO

DIA DE ROSALÍA


O Ceip A Ponte celebrou o día da nosa meirande poeta. Seguindo a proposta da Asociacion de escritores e escritoras en lingua galega (AELG), os alumnos e alumnas en colaboración coas súas familias, escribiron e ilustraron un poema da escritora baixo o lema "Errantes polo mundo". Asemade algúns destes poemas foron lidos para toda a comunidade educativa e os demais foron expostos nos corredores e nas aulas do colexio.

Deseguido podedes ver unha mostra  desta celebración.




#ErrantesPoloMundo_rde_20
#SempreRosalia