domingo, 25 de abril de 2021

 LETRAS GALEGAS  2021  

Celebramos as LETRAS GALEGAS 2021 dando a coñecer a vida e obra da escritora homenaxeada, Xela Arias.
Preme aquí se desexas participar en variadas actividades que o SEMINARIO GALÁN nos propón sobre a autora.
Máis actividades para coñecer mellor a Xela Arias
PRIMAVERA DAS LETRAS. Visita esta páxina da Real Academia da Lingua Galega para acceder a actividades interactivas e actividades descargables.
Esperemos que gocedes con esta ampla recompilación de actividades para coñecer mellor a Xela Arias que nos ofrece AULAS GALEGAS.
O PORTAL DA LINGUA publica actividades dinamizadoras realizadas dende distintos centros educativos.

Velaquí un vídeo moi ameno no que Yolanda Castaño conta a vida de Xela Arias.

luns, 19 de abril de 2021


DÍA DO LIBRO 2021


Dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, queremos celebrar esta semana do libro, publicando dous contos curtos escritos por un alumno e unha alumna de quinto curso. Esperamos que gocedes con estes relatos escritos na nosa lingua.





          

Se algún de vós quere achegarnos o seu relato escrito en galego, estaremos encantados de publicalo.

  



domingo, 11 de abril de 2021


 LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o día das LETRAS GALEGAS homenaxea a XELA ARIAS, escritora, poeta e tradutora galega que durante a súa curta vida traballou intensamente en prol da lingua galega.

No seguinte vídeo podedes coñecer parte da vida e obra desta ilustre escritora.