venres, 14 de decembro de 2018

ENCENDIDO DA ÁRBORE DE NADAL

Os 150 alumnos/as de infantil, fixeron unha mestura  de panxoliñas en galego, coincidindo co encendido da árbore de Nadal que da comezo a esta festa no cole.








 

domingo, 25 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

Sumámonos este ano a celebración do:
 "Día Internacional contra a violencia de xénero"

A proposta do EDLG foi a seguinte que cada neno/a fixera un broche. 
A imaxe do broche e a de unha nena, e o lema que rodea a esa nena era elixido por cada nivel en base a frase“Nin unha menos”. Antes de que os levasen para as súas casas, expusémolos na árbore da entrada do cole.






mércores, 14 de novembro de 2018

Visita do CEIP O Foxo

Este mercores recibimos a visita dos alumnos de 5ºe 6º do Ceip o Foxo da Estrada que viñeron visitar a cidade de Ourense dentro dun proxecto do seu centro que son os roteiros literarios.

Acompañados dos seus profes, entre os que se encontraba o escritor galego Xosé Luna. Aproveitamos para recitarlles unhas poesias do seu último libro e bailar unha muiñeira que se encontra tamen neste libro. Pasamos un rato moi agradable e entretido cos nosos compañeiros.



xoves, 8 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

Elaboración de cucuruchos con materiais reciclados, para as castañas do magosto.