domingo, 17 de novembro de 2019


Os alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria aprenden o poema "Magosto" de Xosé Neira Vilas e escriben un mural co poema, que pasa a decorar a entrada do colexio. Anímovos a escoitalo.

#EnGalegoMoitoMellor

 

luns, 11 de novembro de 2019



No CEIP "A Ponte", celebramos o SAMAÍN con diversas actividades: Creamos conxuros tenebrosos, vestímonos de meigas feiticeiras para recitalos,fixemos murais, apadriñamos palabras propias desta festa e fixemos un obradoiro de decoración de cabazas.

Convidámosvos a ver o seguinte vídeo, para que pasedes un pouco de medo con nós.


 #EnGalegoMoitoMellor

Outro video de Samaín 

mércores, 6 de novembro de 2019


Benvidos e benvidas ao novo curso

2019/2020




 O primeiro día deste curso, acollemos aos alumnos e alumnas do colexio con dúas grandes pancartas.Entre todos e todas trataremos de ir construíndo a escola que queremos para nós, unha escola:

 DIVERTIDA, CREATIVA, RESPECTUOSA, LECTORA, INCLUSIVA, DINÁMICA, EMOCIONANTE, SOLIDARIA.....