xoves, 19 de decembro de 2019

NO NADAL O CORO DO COLEXIO DELEITOUNOS CUNHA FERMOSA PANXOLIÑA COMPOSTA POLA MESTRA DE MÚSICA, EMMA E A MESTRA DE QUINTO, PURA.


Estades tod@s convidad@s a disfrutar desta cantiga, no seguinte vídeo.

 #OCoroComoMola
#EnNadalTamenEnGalego

mércores, 4 de decembro de 2019

25 DE NOVEMBRO DE 2019. 
DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
Os nenos e as nenas do colexio encheron un muro de letreiros e carteis en prol da igualdade entre os homes e as mulleres. 


#QueNonCheCortenAs
#EnGalegoMoitoMellor

MAGOSTO 2019

#ViveOMagostoXa
#NoMagostoTamenEnGalego

domingo, 17 de novembro de 2019


Os alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria aprenden o poema "Magosto" de Xosé Neira Vilas e escriben un mural co poema, que pasa a decorar a entrada do colexio. Anímovos a escoitalo.

#EnGalegoMoitoMellor

 

luns, 11 de novembro de 2019



No CEIP "A Ponte", celebramos o SAMAÍN con diversas actividades: Creamos conxuros tenebrosos, vestímonos de meigas feiticeiras para recitalos,fixemos murais, apadriñamos palabras propias desta festa e fixemos un obradoiro de decoración de cabazas.

Convidámosvos a ver o seguinte vídeo, para que pasedes un pouco de medo con nós.


 #EnGalegoMoitoMellor

Outro video de Samaín 

mércores, 6 de novembro de 2019


Benvidos e benvidas ao novo curso

2019/2020




 O primeiro día deste curso, acollemos aos alumnos e alumnas do colexio con dúas grandes pancartas.Entre todos e todas trataremos de ir construíndo a escola que queremos para nós, unha escola:

 DIVERTIDA, CREATIVA, RESPECTUOSA, LECTORA, INCLUSIVA, DINÁMICA, EMOCIONANTE, SOLIDARIA.....









 

luns, 24 de xuño de 2019

ACTIVIDADES DE LECTURA COMPARTIDA: A CASA DA MOSCA CHOSCA

A porfe de aopio en EI e coordinadora do EDLG preparou cos nenos/as de 5 anos A/ o conto de "A casa da mosca chosca" para logo contarllo  aos maiores do cole, dende 1º ata 6º.










Baile das Letras Galegas Infantil

Todos os nenos/as de EI sairon o patio para celebrar o Día das Letras Galegas.

Cada curso fixo unha roda no patio para bailar o rtimo da canción "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a banda Molona.

Logo fixemos unha gran roda todos xuntos e bailamo "O canciño" tamén de Uxía Lambona e a banda Molona.

Mira que ben o pasamos:

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o Día das letras galegas estivo adicado a Antón Fraguas, historiador etnógrafo, xeógrafo, pero sobre todo, e coma él sempre se considerou por riba de todo, un mestre

Os nenos/as de EI fixeron pequenos traballiños sobre este autor que colgamos na árbore da entrada





sábado, 23 de febreiro de 2019

Celebración Dia de Rosalía 2019

Este venres 22 de Febreiro, celebramos no colexio o día de Rosalía.

Anunciámolo pola mañá as 9:00 para tódos os nenos/as por megafonía.



A hora de ler dedicamoslla a esta nosa escritora.

No recreo soaron poemas musicados e antes de subir as aulas os nenos/as de 6ºA/6ºB leron o poema de "Cantarte hei"

Fixemos pequenos traballiños nas aulas, tanto en Educación Infantil como en Primaria.



Tamén circulou polas aulas o Kamishibai de Rosalía.

Con estas actividades quixemos acercar un ano mais a vida e obra desta escritora galega tan importante e que xa na sua época foi unha muller reivindicativa da sua lingua e da sua terra. Por iso sumámonos o lema "Libre o meu pensamento".