luns, 13 de novembro de 2023

Corre, corre cabaciña

 Durante o mes de outubro a profe Marisa de EI, traballou o conto de "Corre, corre cabaciña" cos nenos/as de 5 anos, e para rematar fixeron un vídeo, onde se ve como representan este conto.

      Quedoulles moi chulo!      Foi un gran traballo! 


sábado, 11 de novembro de 2023

O MAGOSTO

 

                                                     (Pica na imaxe para ver as imaxes)

 Onte tivemos a celebración do magosto!

Tivemos xogos populares, comemos bolos preñados e castañas (damos as grazas a AMPA por colaborar con nós, nesta merenda para o noso alumnado) e bailamos para celebrar este día.