sábado, 24 de febreiro de 2018

Dia de Rosalía 2018 - #AbrideAFiestra

Para conmemorar o día de Rosalía, abrimos as nosas fiestras a esta autora, e como en anos anteriores invitamos aos nosos alum@s a seguir coñecendoa, a través da exposición dos seus libros, lecturas por megafonía dos seus poemas, hora lectora de Rosalía e os traballos que dende as aulas se fixeron estes días.



- Lectura por Megafonía




- Exposicións de Libros







- Traballos das Aulas




















martes, 13 de febreiro de 2018

Entroido 2018 - Auga

O tema deste ano para celebrar o Entroido foi a Auga.


Aquí vos deixamos unha mostra de disfraces dos nenos de Educación Infantil e os seus bailes.





xoves, 1 de febreiro de 2018

Dia da paz 2018

Para conmemorar esta data, traballamos na aulas a canción:     

DÍA DA PAZ
Xa chegou o Día da Paz,
veña, imolo cantar!
Xá chegou o Día da Paz,
vai ser un dia moi especial.
Xuntaremos as nosas mans,
para que a xente faga caso,
debuxaremos a pomba da paz
como debuxou Picasso.
A educación e a cultura,
esas son as nosas armas
para podernos axudar
aos que sofren tantas desgrazas
Xa chegou o Día da Paz...
Para ter un mundo mellor,
todos temos que axudar
porque sendo solidarios
todo isto pode mudar.
Xa chegou o Día da Paz...
Axudar aso refuxiados,
pois precisan de moitos coidados,
pois fuxiron do fogar,
da guerra quérense afastar.
Xa chegou o Día da Paz...
Trocar armas por flores
e por comidas de mil sabores,
rematar coa fame do mundo
é posible nun segundo.

para iso decoramos a letra da canción en todalas aulas e espuxemolas na entrada, formando un mural. Para rematar bailamos ese día todos xuntos o ritmo da canción.