luns, 13 de novembro de 2023

Corre, corre cabaciña

 Durante o mes de outubro a profe Marisa de EI, traballou o conto de "Corre, corre cabaciña" cos nenos/as de 5 anos, e para rematar fixeron un vídeo, onde se ve como representan este conto.

      Quedoulles moi chulo!      Foi un gran traballo! 


sábado, 11 de novembro de 2023

O MAGOSTO

 

                                                     (Pica na imaxe para ver as imaxes)

 Onte tivemos a celebración do magosto!

Tivemos xogos populares, comemos bolos preñados e castañas (damos as grazas a AMPA por colaborar con nós, nesta merenda para o noso alumnado) e bailamos para celebrar este día.

luns, 30 de outubro de 2023

Actividades polo SAMAIN

Xunto co Equipo da biblioteca propuxemos para esta semana as seguintes actividades

Seguro que o ides a pasar de medo nesta semana: Preme nas imaxes para ver máis...


 


luns, 23 de outubro de 2023

O Samain

 Achégase a festa do Samain e xa nos estamos preparando no cole para celebralo con diferentes actividades.

Dende o EDLG deixámosvos uns videos explicativos desta festividade.


martes, 12 de setembro de 2023

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Dende o EDLG dámosvos a benvida ó curso 2023-24

Un ano máis traballaremos en prol da nosa língua, propondo actividades que impliquen o uso do galego e colaboraremos co resto dos Equipos do centro para propor novas actividades en favor da nosa cultura.