domingo, 7 de marzo de 2021


24 DE FEBREIRO 2021. DÍA DE ROSALÍA

PRESENTAMOS OS TRABALLOS REALIZADOS POLO NOSO ALUMNADO PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALIA QUE ESTE ANO E SEGUINDO A PROPOSTA DA AELG, DEDICÁMOSLLO AOS POEMAS MUSICADOS DA NOSA SENLLEIRA ESCRITORA.

Nenos e nenas de E. Infantil realizan unha fermosa coreografía da canción Rosalía pequeniña. 




Alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria fan unha coreografía co tema MALAXENTE.



Alumnos e alumnas dende 1º ata 5º curso de Educación Primaria acompañan con instrumentos musicais e bailes  o poema musicado HAS DE CANTAR de Rosalía.



Alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, recitan o poema CASTELLANOS DE CASTILLA, mentres se presentan traballos realizados polo conxunto do alumnado do noso colexio, para conmemorar o día de Rosalía.







sábado, 20 de febreiro de 2021

 24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA



Si cantan es tí que cantas,

si choran es tí que choras,

i es o murmurio do río, 

i es a noite i es a aurora.

Velaquí unha prosposta para traballar a vida e obra desta ilustre escritora dende os distintos niveis educativos.

UNIDADE DIDÁCTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL


UNIDADE DIDÁCTICA PARA 1º E 2º CURSO.


UNIDADE DIDÁCTICA PARA 3º E 4º CURSO.


UNIDADE DIDÁCTICA PARA 5º E 6º CURSO


PREME NA IMAXE E PODERÁS ACCEDER ÁS MELLORES ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA



COÑECE UN POUCO MÁIS SOBRE A NOSA ILUSTRE ESCRITORA.



COMPROBA O QUE SABES DE ROSALÍA 










martes, 9 de febreiro de 2021


ENTROIODO 21


 XA CHEGOU O ENTROIDO E ÍMOLO VIVIR CON MOITAS GANAS. QUE A PANDEMIA NON NOS ROUBE A ILUSIÓN!!!!.

GOZA DO ENTROIDO CON ESTAS ACTIVIDADES E APRENDE UN POUCO MÁIS CON NÓS.


Canto coñeces do Entroido en Galicia?. Preme aquí e o saberás.






domingo, 13 de decembro de 2020


Xa estamos en tempo de Nadal e dende o blog da Lingua queremos compartir con vós actividades, panxoliñas e outros recursos propios destas datas. 

Preme nos seguintes enlaces e empeza a sentir o Nadal!!










venres, 11 de decembro de 2020

Tí tamén podes participar na elección da PALABRA  DO ANO. Só tes que premer no seguinte enlace e antes do día 13 de decembro propoñer a palabra en galego que máis che guste. Despois e entre as palabras propostas poderás votar aquela que prefiras e así colaborar nesta elección. Anímate e fai a túa achega!! Algúns de nós xa o fixemos.

Esta proposta é da REAL ACADEMIA GALEGA  e a fundación Barrié. 



luns, 7 de decembro de 2020

 


Velaquí a participación do Ceip A Ponte no certame O VOSO DÍA DAS LETRAS organizado pola RAG na PRIMAVERA DAS LETRAS







luns, 9 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020. CEIP A PONTE

Os nenos e as nenas de 6ºC recitánnos cantigas, coplas, adiviñas e demais ditos da nosa tradición polpular. As súas voces son acompañadas de imaxes da celebración do Magosto do pasado ano.

PRONTO VOLVEREMOS CELEBRAR O MAGOSTO QUE NÓS QUEREMOS.