Aquí podedes ver unha mostra desta actividade:
martes, 29 de maio de 2018
Actividades de lectura compartida
A profe de apoio en Infantil e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua preparou cos nenos/as de 5 anos A e B o conto do "Chivo Chivón" para logo contarllo aos maiores do cole dende 1º ata 6º curso.
Aquí podedes ver unha mostra desta actividade:
Aquí podedes ver unha mostra desta actividade:
sábado, 24 de febreiro de 2018
Dia de Rosalía 2018 - #AbrideAFiestra
Para conmemorar o día de Rosalía, abrimos as nosas fiestras a esta autora, e como en anos anteriores invitamos aos nosos alum@s a seguir coñecendoa, a través da exposición dos seus libros, lecturas por megafonía dos seus poemas, hora lectora de Rosalía e os traballos que dende as aulas se fixeron estes días.
- Lectura por Megafonía
- Exposicións de Libros
- Traballos das Aulas
martes, 13 de febreiro de 2018
Entroido 2018 - Auga
O tema deste ano para celebrar o Entroido foi a Auga.
Aquí vos deixamos unha mostra de disfraces dos nenos de Educación Infantil e os seus bailes.
Aquí vos deixamos unha mostra de disfraces dos nenos de Educación Infantil e os seus bailes.
xoves, 1 de febreiro de 2018
Dia da paz 2018
Para conmemorar esta data, traballamos na aulas a canción:
para iso decoramos a letra da canción en todalas aulas e espuxemolas na entrada, formando un mural. Para rematar bailamos ese día todos xuntos o ritmo da canción.
DÍA DA PAZ
Xa chegou o Día da Paz,
veña, imolo cantar!
Xá chegou o Día da Paz,
vai ser un dia moi especial.
Xuntaremos as nosas mans,
para que a xente faga caso,
debuxaremos a pomba da paz
como debuxou Picasso.
A educación e a cultura,
esas son as nosas armas
para podernos axudar
aos que sofren tantas desgrazas
Xa chegou o Día da Paz...
Para ter un mundo mellor,
todos temos que axudar
porque sendo solidarios
todo isto pode mudar.
Xa chegou o Día da Paz...
Axudar aso refuxiados,
pois precisan de moitos coidados,
pois fuxiron do fogar,
da guerra quérense afastar.
Xa chegou o Día da Paz...
Trocar armas por flores
e por comidas de mil sabores,
rematar coa fame do mundo
é posible nun segundo.
Xa chegou o Día da Paz,
veña, imolo cantar!
Xá chegou o Día da Paz,
vai ser un dia moi especial.
Xuntaremos as nosas mans,
para que a xente faga caso,
debuxaremos a pomba da paz
como debuxou Picasso.
A educación e a cultura,
esas son as nosas armas
para podernos axudar
aos que sofren tantas desgrazas
Xa chegou o Día da Paz...
Para ter un mundo mellor,
todos temos que axudar
porque sendo solidarios
todo isto pode mudar.
Xa chegou o Día da Paz...
Axudar aso refuxiados,
pois precisan de moitos coidados,
pois fuxiron do fogar,
da guerra quérense afastar.
Xa chegou o Día da Paz...
Trocar armas por flores
e por comidas de mil sabores,
rematar coa fame do mundo
é posible nun segundo.
para iso decoramos a letra da canción en todalas aulas e espuxemolas na entrada, formando un mural. Para rematar bailamos ese día todos xuntos o ritmo da canción.
mércores, 8 de marzo de 2017
Lendo a Rosalía no Dia da Muller 2017
Hoxe 8 de marzo celebramos o Día da Muller, lembrando unha muller senlleira, como galega, como poeta e como muller... Rosalía de Castro
domingo, 5 de marzo de 2017
Día de Rosalía - 24 Febreiro 2017
Una ano máis, sumámonos a celebración do Día de Rosalía. Para conmemorar este día os nenos/as de 5 anos A e B pintaron imaxes de Rosalía, fixeron debuxos dela e a profesora Marisa contoulles o Kamishibai que fixemos no cole sobre Rosalía.
domingo, 19 de febreiro de 2017
Día da Paz 2017 - Uélé Moliba Makasi
No Día da Paz os nenos e nenas de infantil bailaron a cantiga de berce congoleña Uélé Moliba Makasi.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



