Tivemos xogos populares, comemos bolos preñados e castañas (damos as grazas a AMPA por colaborar con nós, nesta merenda para o noso alumnado) e bailamos para celebrar este día.
Un ano máis traballaremos en prol da nosa língua, propondo actividades que impliquen o uso do galego e colaboraremos co resto dos Equipos do centro para propor novas actividades en favor da nosa cultura.
A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa contribución á defensa do noso idioma e a nosa cultura.
A continuación deixamosvos uns enlaces donde vades encontrar: información sobre a vida e a obra deste autor, así como actividades para traballar polo Día das Letras Galegas.
Hector
Cajaraville autor do libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros
da saudade", fálanos no seguinte vídeo sobre este poeta.
Raúl Diz, compoñente do grupo "Os Amigos dos Musicos"
Lanza un EP con cinco cancións as que lle pon música a cinco poemas
Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 – Fair Oaks, 1987), autor ao
que se lle dedica neste 2022 o Día das Letras Galegas. 'De Córgomo a
Fair Oaks' é o título baixo o que se presentan unhas cancións que
viaxan, como fixo o poeta, dende terras galegas ata América. "Ao
reiseñor", a canción que abre o álbum, é un poema de 1923 que permaneceu
inédito ata 1999. Os outros catro poemas adaptados: "Liorta",
"Miudezas". "Matanza", "Dores do agro" e "Aí vén o maio", pertencen á
obra 'Bebedeira', publicada pola Editorial Nós en 1934. O álbum está
editado por Todomedre e forma parte do catálogo da plataforma de
difusión cultural galega A Regueifa 2.0.
Deixámosvos os enlaces para que os poidades escoitar cos vosos alumnos e eles nas súas casas.
Seguiremos propondo divertidas acitividades para disfrutar da nosa cultura. comezamos o curso con ganas e moita ilusión, e esperamos da vosa participación.