luns, 30 de outubro de 2023

Actividades polo SAMAIN

Xunto co Equipo da biblioteca propuxemos para esta semana as seguintes actividades

Seguro que o ides a pasar de medo nesta semana: Preme nas imaxes para ver máis...


 


luns, 23 de outubro de 2023

O Samain

 Achégase a festa do Samain e xa nos estamos preparando no cole para celebralo con diferentes actividades.

Dende o EDLG deixámosvos uns videos explicativos desta festividade.


martes, 12 de setembro de 2023

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Dende o EDLG dámosvos a benvida ó curso 2023-24

Un ano máis traballaremos en prol da nosa língua, propondo actividades que impliquen o uso do galego e colaboraremos co resto dos Equipos do centro para propor novas actividades en favor da nosa cultura.



luns, 9 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa contribución á defensa do noso idioma e a nosa cultura.


A continuación deixamosvos uns enlaces donde vades encontrar: información sobre a vida e a obra deste autor, así como actividades para traballar polo Día das Letras Galegas.

Seminario Galán

Primavera das Letras 

Hector Cajaraville autor do libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", fálanos no seguinte vídeo sobre este poeta. 

 

Raúl Diz, compoñente do grupo "Os Amigos dos Musicos" Lanza un EP con cinco cancións as que lle pon música a cinco poemas Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 – Fair Oaks, 1987), autor ao que se lle dedica neste 2022 o Día das Letras Galegas. 'De Córgomo a Fair Oaks' é o título baixo o que se presentan unhas cancións que viaxan, como fixo o poeta, dende terras galegas ata América. "Ao reiseñor", a canción que abre o álbum, é un poema de 1923 que permaneceu inédito ata 1999. Os outros catro poemas adaptados: "Liorta", "Miudezas". "Matanza", "Dores do agro" e "Aí vén o maio", pertencen á obra 'Bebedeira', publicada pola Editorial Nós en 1934. O álbum está editado por Todomedre e forma parte do catálogo da plataforma de difusión cultural galega A Regueifa 2.0.

Deixámosvos os enlaces para que os poidades escoitar cos vosos alumnos e eles nas súas casas.

 
 

 

sábado, 30 de abril de 2022

MAIOS 2022

 O Domingo  celebramos unha festa moi especial na nosa cidade:  

OS MAIOS

xoves, 23 de setembro de 2021

CURSO 2021-2022

Dende o EDLG dámosvos a benvida o curso 2021-2022

Seguiremos propondo divertidas acitividades para disfrutar da nosa cultura. comezamos o curso con ganas e moita ilusión, e esperamos da vosa participación.

FELIZ CURSO A TODOS/AS



xoves, 13 de maio de 2021

 LETRAS GALEGAS.2021

CEIP A PONTE. OURENSE

O cole da Ponte celebra a gran festa das LETRAS GALEGAS. Hoxe publicamos traballos realizados con gran esmero polo noso alumnado.

6ºA, B e C. Os alumnos e alumnas deste curso convídannos a escoitar un podcast sobre a vida e obra de XELA ARIAS.

5ºA. Judith Matías e Alejandro Sevillano escriben para deleite de todos nós os seguintes relatos.

     

5ºB. Os alumnos e alumnas Aitana Alvarado, Daniel González, Sabela Justo, Pablo González e Anne González escribiron estes extraordinarios contos. 

 

GRAN ESTREA!! CURTA DE ANIMACIÓN TITIRITESA.

O curso pasado, alumnos e alumnas de 4º curso comezaron unha curta de animación en modo stop motion. Esta curta quedou interrompida por mor da pandemia e a inicios do actual curso remataron este traballo. Os nosos parabéns para todos eles e elas polo esforzo, curiosidade e horas de dedicación.