domingo, 13 de decembro de 2020


Xa estamos en tempo de Nadal e dende o blog da Lingua queremos compartir con vós actividades, panxoliñas e outros recursos propios destas datas. 

Preme nos seguintes enlaces e empeza a sentir o Nadal!!










venres, 11 de decembro de 2020

Tí tamén podes participar na elección da PALABRA  DO ANO. Só tes que premer no seguinte enlace e antes do día 13 de decembro propoñer a palabra en galego que máis che guste. Despois e entre as palabras propostas poderás votar aquela que prefiras e así colaborar nesta elección. Anímate e fai a túa achega!! Algúns de nós xa o fixemos.

Esta proposta é da REAL ACADEMIA GALEGA  e a fundación Barrié. 



luns, 7 de decembro de 2020

 


Velaquí a participación do Ceip A Ponte no certame O VOSO DÍA DAS LETRAS organizado pola RAG na PRIMAVERA DAS LETRAS







luns, 9 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020. CEIP A PONTE

Os nenos e as nenas de 6ºC recitánnos cantigas, coplas, adiviñas e demais ditos da nosa tradición polpular. As súas voces son acompañadas de imaxes da celebración do Magosto do pasado ano.

PRONTO VOLVEREMOS CELEBRAR O MAGOSTO QUE NÓS QUEREMOS.

mércores, 4 de novembro de 2020

 MAGOSTO 2020

Preme na imaxe para acceder á información e ás actividades  publicadas no PORTAL DA LINGUA

martes, 3 de novembro de 2020

 DAMOS A BENVIDA AO MAGOSTO

Presentamos algunhas actividades do Magosto que seguro que vos van gustar.


PRESENTAMOS AS CABAZAS DE SAMAÍN FEITAS POLAS FAMILIAS DO COLE DA PONTE. 

Foron tantas as fotos de cabazas que recibimos que volas imos presentar en vídeo para que o pasedes de medo.

#MedoMeDas

#VivaSamaín

 GRAZAS  POLA BOA ACOLLIDA QUE DESTES A ESTA ACTIVIDADE E POLA VOSA GRANDÍSIMA PARTICIPACIÓN.