Os alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria aprenden o poema "Magosto" de Xosé Neira Vilas e escriben un mural co poema, que pasa a decorar a entrada do colexio. Anímovos a escoitalo.
#EnGalegoMoitoMellor
luns, 11 de novembro de 2019
No CEIP "A Ponte", celebramos o SAMAÍN con diversas actividades: Creamos conxuros tenebrosos, vestímonos de meigas feiticeiras para recitalos,fixemos murais, apadriñamos palabras propias desta festa e fixemos un obradoiro de decoración de cabazas.
Convidámosvos a ver o seguinte vídeo, para que pasedes un pouco de medo con nós.
O primeiro día deste curso, acollemos aos alumnos e alumnas do colexio con dúas grandes pancartas.Entre todos e todas trataremos de ir construíndo a escola que queremos para nós, unha escola:
A porfe de aopio en EI e coordinadora do EDLG preparou cos nenos/as de 5 anos A/ o conto de "A casa da mosca chosca" para logo contarllo aos maiores do cole, dende 1º ata 6º.
Este ano o Día das letras galegas estivo adicado a Antón Fraguas, historiador etnógrafo, xeógrafo, pero sobre todo, e coma él sempre se considerou por riba de todo, un mestre
Os nenos/as de EI fixeron pequenos traballiños sobre este autor que colgamos na árbore da entrada