mércores, 14 de novembro de 2018

Visita do CEIP O Foxo

Este mercores recibimos a visita dos alumnos de 5ºe 6º do Ceip o Foxo da Estrada que viñeron visitar a cidade de Ourense dentro dun proxecto do seu centro que son os roteiros literarios.

Acompañados dos seus profes, entre os que se encontraba o escritor galego Xosé Luna. Aproveitamos para recitarlles unhas poesias do seu último libro e bailar unha muiñeira que se encontra tamen neste libro. Pasamos un rato moi agradable e entretido cos nosos compañeiros.



xoves, 8 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

Elaboración de cucuruchos con materiais reciclados, para as castañas do magosto.










domingo, 4 de novembro de 2018

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS O CAMIÑO

Polo San Martiño, peóns aos camiño, sumámonos a celebracion do  Día do Peón, con exposcións de peóns na entrada do colexio. Xogos durante o recreo no patio dos maiores, facendo bailar os peóns.







martes, 11 de setembro de 2018

COMEZAMOS O NOVO CURSO

Comezamos un novo curso baixo o lema "QUE O GALEGO TE LEVE"

BO CURSO A TODOS E TODAS

venres, 22 de xuño de 2018

Peche de curso - O Baile da Carrasquiña

O EDLG celebra o fin de curso Cunha celebración conxunta de EI e 1 deEP. A profe de Apoio de EI reúne a todos no patio e Bailan todos xuntos para finalizar o curso o Baile da Carrasquiña. Coa colaboracion da profe de música que tamen forma parte do EDLG.




martes, 19 de xuño de 2018

Mural Fin de Curso

Para rematar o curso colgamos un novo mural baixo o lema "Vive o galego todo o ano".



Neste mural participaron as nenas/os do cole, tanto maiores coma pequenos. 


martes, 29 de maio de 2018

Actividades de lectura compartida

A profe de apoio en Infantil e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua preparou cos nenos/as de 5 anos A e B o conto do "Chivo Chivón" para logo contarllo aos maiores do cole dende 1º ata 6º curso.

Aquí podedes ver unha mostra desta actividade: