venres, 26 de abril de 2013

Festas ...

CURSO 2013-2014

FESTAS DO INVERNO
 Na entrada principal do Colexio, temos unha exposicion cos traballos que facemos nas aulas, co motivo desta estacion na que nos encontramos. 
    Aqui vos deixamos unha pequena mostra:


traballos inverno by Slidely Slideshow


FESTAS DO OUTONO

2- FESTA DO MAGOSTO ...
Hoxe celebraremos a festa do Magosto con moita ilusión ... faremos moitas fotos para que nos vexades ... xa as publicaremos neste rincón da nosa web ...
Temos una exposición, na entrada principal do Colexio, cos nosos traballiños, contos etc ... Quedaremos encantados se a visitades ...


1- FESTA DO SAMAÍN ...
O xoves, 31 de outubro, celebramos esa festa misteriosa .... do SAMAÍN !!! ... no cole ...

Fixemos moitos traballos e nos disfrazamos ...
 


 

CANTIGA PARA ESTE TEMPO ...


------------------------------------------
LETRAS GALEGAS 2013
O 31 de xullo de 1950, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertería nun dos creadores do teatro profesional galego.
Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron outros nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.
Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor, autor, electricista, pintor…
O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das trinta obras teatrais, algunhas delas dedicadas ao público infantil.
Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.
Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina…
No ano 1991 creou e dirixiu a Compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras.
Roberto Vidal faleceu en Santiago no ano 2002.
Roberto Vidal Bolaño escribiu perto de trinta obras de teatro, entre elas estas:
-Laudamuco,Señor de Ningures
-Bailadela da morte ditosa
-Agasallo de Sombras
-Días sen gloria
-Saxo Tenor
-As actas escuras
-Touporroutou da Lúa e o Sol
-Doentes
-Rastros
-A burla do galo
B-INFORMACIÓN DA CELEBRACIÓN:


C-PROPOSTAS DA CGENDL:
A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013:
http://coordinadoraendl.org/letras2013/
Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc. Con esta páxina pretendemos facilitar un ano máis o voso labor nos centros educativos; por iso, agarda polos vosos traballos, ideas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias:
Co mesmo obxectivo, comprácenos darvos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns,etc.
 O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.

Por último, queremos facer partícipes do Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción do idioma
que pecha mañá, martes 30 de abril, o prazo de votación dos Equipos de Normalización adscritos á Coordinadora.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nestas iniciativas e nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.
Saúdos normalizadores
CGENDL
D-ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS:


E- UNIDADE DIDÁCTICA: DÍAS SEN GLORIA
Para incidir no achegamento dos alumnos á obra, o CDG elaborou un caderno pedagóxico, do que é autora Montse Pena (Gálix), para o traballo dos profesores e alumnado como complemento da súa formación. Dito caderno afonda tanto no texto coma na montaxe, prestando unha especial atención ás características do teatro de Vidal Bolaño que se observan nesta peza: a querencia polos personaxes achegados á marxinalidade, a relación da súa escrita con outras artes –nomeadamente o cinema–, a intensidade da construción dos seus diálogos, o seu subtil simbolismo, etc. Así mesmo, esta guía didáctica permite aos docentes realizar un traballo previo na aula, ao centrarse en conceptos fundamentais do xénero teatral, na produción do autor na súa época e en aspectos centrais deste texto, como a súa ambientación no Camiño de Santiago.

FAI CLIK NO ENLACE:
www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/diassengloria/caderno_pedagoxico.pdf<http://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/diassengloria/caderno_pedagoxico.pdf>;

------------------------------------------

Chegou o Entroido ...

"Miliki, un pracer ... e ata sempre ..."


------------------------------------------



                                                               Pura Rodríguez
------------------------------------------
O noso magosto ...




http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/node/2324